Andavira

Benvidos

Andavira editora é un novo proxecto editorial que xurde agora a partir da anterior experiencia de Tórculo Edicións, que levaba máis de 15 anos editando textos técnicos e universitarios e que conta no seu catálogo con máis de douscentos títulos.

Esta nova editorial nace cunha idea de renovación e coa intención de ir medrando e superando fronteiras xeográficas, aínda que o seu obxectivo primordial seguirá sendo o de ofrecer ao mundo técnico e ao universitario libros de calidade, escritos por profesores cun traballo e prestixio recoñecidos.

Pero Andavira editora nace tamén con intención de ofertar novos servizos, novas coleccións e novos formatos así como de ampliar a súa presenza nos mercados a través de novas redes de distribución e a utilización das novas tecnoloxías aplicadas á edición.