Inicio
Subcategorías
Filtros activos
-
Por: Santiago Llovo Taboada
A salga no Son
25,00 €A salga no Son é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe que houbo e que permanecen espalladas pola beiramar de Punta Cabalo, Gafa, Portosín, Aguieira, Porto do Son, Baroña e Seráns.
a partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia do Concello do Porto do Son na procura de recuperar a memoria e pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido.
-
Por: Luis de Carreira
Contos do Mar do Son
20,00 €Coa publicación deste libro, dende Sonora iniciamos o proxecto "As voces do Mar", no que se pretende recuperar e reivindicar a "cultura marítima" da que forma parte inequívoca o noso pobo e hoxe permanece ignorada pola maior parte da xente nova e menosprezada por outra parte da sociedade, correndo o risco de se perder coma unha parte do noso patrimonio para futuras xeracións.
Luís neste libro recolle unha grande cantidade desas pequenas historias que reflicten esta cultura contada polos seus propios protegonistas a través de contos transmitidos moitos deles de xeración en xeración.