Inicio
Subcategorías
Filtros activos
-
Por: Alberto Lázaro , Nacho Cabaleiro
Vendas, a arte de pescar
10,60 €O obxetivo deste libro é aumentar as túas vendas. Pero non contén ningún segredo que che permita multiplicar as túas vendas por dez nus meses. Tal e como sucede na pesca, non hai ningún elemento determinante do éxito. Pero se vas ao lugar axeitado, na época axeitada, á hora axeitada, cos aparellos axeitados... pescarás máis.
Partindo deste feito, seleccionamos doce boas prácticas que che van permitir revisar o teu proceso de vendas dende doce puntos de vista diferente.
A suma das moitas melloras que xera a aplicación sistemática destas revisións do teu proceso comercial, xunto coa disciplina de tratar o proceso de vendas como proceso, derivará indefectiblemente en máis vendas. Venderás máis.
Usa este libro. Has lelo na orde que desexes... -
Por: Henrique Neira Pereira
Historia da informática en Galicia
30,00 €O contido do libro refírese ao mundo dos números e do cálculo, unha ferramenta connatural ao ser humano, que se mostrou necesaria para a vida e que, como consecuencia, incorporouse ás súas actividades dende os primeiros tempos. Foi evolucionando a medida que estas necesidades o foron requirindo e que o desenvolvemento tecnolóxico o foi facendo posible. A historia da súa evolución é todo un paradigma, que a modo de termómetro, mide o grao de desenvolvemento socioeconómico e de desenvolvemento tecnolóxico dos pobos ao longo do tempo e, á vez, bríndanos unha aunténtica lección sobre as potencialidades sen límite que nos ofrecen a ciencia e a tecnoloxía.
-
Por: Luis de Carreira
Contos do Mar do Son
20,00 €Coa publicación deste libro, dende Sonora iniciamos o proxecto "As voces do Mar", no que se pretende recuperar e reivindicar a "cultura marítima" da que forma parte inequívoca o noso pobo e hoxe permanece ignorada pola maior parte da xente nova e menosprezada por outra parte da sociedade, correndo o risco de se perder coma unha parte do noso patrimonio para futuras xeracións.
Luís neste libro recolle unha grande cantidade desas pequenas historias que reflicten esta cultura contada polos seus propios protegonistas a través de contos transmitidos moitos deles de xeración en xeración.