Inicio
Subcategorías
Filtros activos
-
Por: Deibe Fernández-Simo, Xosé Manuel Cid
Adolescencias invisibles
14,90 €A educación social nos camiños do empoderamento.
A presente publicación nace coa intencionalidade de defender un paradigma de atención á mocidade apoiado nas boas practicas profesionais. Coñecer a visión e a valoración da mocidade é parte fundamental para a actuación do facer educativo. Somos conscientes das resistencias a constrír un modelo común de traballo con mocidade, un ámbito no que actúan centos de entidades do terceiro sector, cada unha delas cunha perspectiva diferenciada e lexítima, ten serias dificultades para compartir un modus operandi, que posibilite unha metodoloxía, canto menos non contradictoria entre si, para o acompañamento da infancia e da adolescencia en vulnerabilidade.
-
Por: Santiago Llovo Taboada
As fábricas de Corrubedo
18,00 €As fábricas de Corrubedo é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe, que permanecen espalladas pola beiramar desta parroquia de Ribeira.
A partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia da parroquia de Santa María de Corrubedo, na procura de recuperar a memoria e de pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido.
-
-
Por: Santiago Llovo Taboada
Contra el mar y el viento
22,60 €Aunque es un libro de aventuras no es una novela. Lo que recoge son pequeños relatos contados por sus protagonistas, siempre fascinantes y que en muchos casos rematan con final trágico. Son historias inéditas que recuperan del olvido las declaraciones efectuadas por capitanes y marineros sobre multitud de situaciones relacionadas con la navegación, como arribadas por avería o mal tiempo; persecuciones y abordajes de corsarios e insurgentes; salvamentos; naufragios; subastas de restos, etc., situaciones que en muchos casos superan al más imaginativo de los guionistas cinematográficos.
En definitiva, se trata de un libro diferente que se debe leer en pequeñas dosis, y muy recomendable para aquellos que les guste la antigua navegación a vela.
-
Por: Santiago Llovo Taboada
A salga no Son
25,00 €A salga no Son é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe que houbo e que permanecen espalladas pola beiramar de Punta Cabalo, Gafa, Portosín, Aguieira, Porto do Son, Baroña e Seráns.
a partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia do Concello do Porto do Son na procura de recuperar a memoria e pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido.
-
Por: Enrique de la Rica
Cuestión de supervivencia. Las empresas españolas ante la tormenta perfecta.
10,60 €La economía está inmersa en el núcleo de una “tormenta perfecta”. La combinación letal de una burbuja inmobiliaria y la mayor crisis bancaria internacional que se recuerda, generó la situación más difícil que tengan que afrontar nuestras empresas.
¿Cómo pueden las PYMEs sobrevivir en este contexto? Las herramientas, ideas y conceptos de los gurús del Management clásico (algunas de ellas nos llevaron a esta situación) resultan poco efectivos; los empresarios y directivos tenemos que buscar nuevos elementos de inspiración. -
Por: Enrique de la Rica
Cuestión de supervivencia, as empresas españolas ante a tormenta perfecta
10,60 €A economía está inmersa no núcleo dunha “tormenta perfecta”. A combinacíón letal dunha burbula inmobiliaria e a maior crise bancaria internacional que se acorda, xerou a situación máis difícil que teñan que afrontar as nosas empresas.
Como poden as PEMEs sobrevivir neste contexto? As ferramentas, ideas e conceptos dos gurús do Management clásico (algunhas delas leváronnos a esta situación) resultan pouco efectivos; os empresarios e directivos temos que buscar novos elementos de inspiración.