Inicio
Subcategorías
Filtros activos
-
Por: Zósimo López Pena, Roberto Samartim, Raquel Bello et alii
Visitar, Comerciar e Habitar a Cidade
12,50 €Este volume pretende dar conta das tres exposicións temáticas que, inscritas no proxecto expositivo xeral A Cidade, o Camiño e Nós, serviron para transmitir á cidadanía compostelana (entre outubro de 2019 e xaneiro de 2020) os principais achados en relación ás diversas visións de Santiago e ás diferentes imaxes e prácticas de visitantes, habitantes e comerciantes de Compostela.
-
Por: Henrique Neira Pereira
Historia da informática en Galicia
30,00 €O contido do libro refírese ao mundo dos números e do cálculo, unha ferramenta connatural ao ser humano, que se mostrou necesaria para a vida e que, como consecuencia, incorporouse ás súas actividades dende os primeiros tempos. Foi evolucionando a medida que estas necesidades o foron requirindo e que o desenvolvemento tecnolóxico o foi facendo posible. A historia da súa evolución é todo un paradigma, que a modo de termómetro, mide o grao de desenvolvemento socioeconómico e de desenvolvemento tecnolóxico dos pobos ao longo do tempo e, á vez, bríndanos unha aunténtica lección sobre as potencialidades sen límite que nos ofrecen a ciencia e a tecnoloxía.