Inicio
Subcategorías
Filtros activos
-
Por: Zósimo López Pena, Roberto Samartim, Raquel Bello et alii
Visitar, Comerciar e Habitar a Cidade
12,50 €Este volume pretende dar conta das tres exposicións temáticas que, inscritas no proxecto expositivo xeral A Cidade, o Camiño e Nós, serviron para transmitir á cidadanía compostelana (entre outubro de 2019 e xaneiro de 2020) os principais achados en relación ás diversas visións de Santiago e ás diferentes imaxes e prácticas de visitantes, habitantes e comerciantes de Compostela.
-
Por: Santiago Llovo Taboada
As fábricas de Corrubedo
18,00 €As fábricas de Corrubedo é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe, que permanecen espalladas pola beiramar desta parroquia de Ribeira.
A partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia da parroquia de Santa María de Corrubedo, na procura de recuperar a memoria e de pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido.
-
Por: Santiago Llovo Taboada
Contra el mar y el viento
22,60 €Aunque es un libro de aventuras no es una novela. Lo que recoge son pequeños relatos contados por sus protagonistas, siempre fascinantes y que en muchos casos rematan con final trágico. Son historias inéditas que recuperan del olvido las declaraciones efectuadas por capitanes y marineros sobre multitud de situaciones relacionadas con la navegación, como arribadas por avería o mal tiempo; persecuciones y abordajes de corsarios e insurgentes; salvamentos; naufragios; subastas de restos, etc., situaciones que en muchos casos superan al más imaginativo de los guionistas cinematográficos.
En definitiva, se trata de un libro diferente que se debe leer en pequeñas dosis, y muy recomendable para aquellos que les guste la antigua navegación a vela.
-
Por: Santiago Llovo Taboada
A salga no Son
25,00 €A salga no Son é unha viaxe a través do tempo na que se lle pon nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial do salgado de peixe que houbo e que permanecen espalladas pola beiramar de Punta Cabalo, Gafa, Portosín, Aguieira, Porto do Son, Baroña e Seráns.
a partir de fontes de información practicamente inéditas, este traballo escarva nunha parte senlleira da historia do Concello do Porto do Son na procura de recuperar a memoria e pór en valor este importante patrimonio que parece adormecido.