{"product_id":"palmyre-rose-e-a-revista-alborada-vigo-1966","title":"Palmyre Rose e A revista Alborada Vigo (1966)","description":"\u003cp class=\"MsoNormal\" style=\"margin-bottom: 0cm; text-align: justify; line-height: normal; mso-layout-grid-align: none; text-autospace: none;\"\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt; mso-bidi-font-family: SohoStd; mso-font-kerning: 0pt;\"\u003ePalmyre Ros naceu na cidade bretoa de Rennes o 23 de abril de 1942, en plena Segunda Guerra Mundial, da parella formada por Aurora Ramos Ruiz e Germinal Ros i Martí, ambos os dous integrantes de familias obrigadas a partir ao exilio como consecuencia do golpe de Estado fascista de xullo de 1936.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoNormal\" style=\"margin-bottom: 0cm; text-align: justify; line-height: normal; mso-layout-grid-align: none; text-autospace: none;\"\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt; mso-bidi-font-family: SohoStd; mso-font-kerning: 0pt;\"\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoNormal\" style=\"margin-bottom: 0cm; text-align: justify; line-height: normal; mso-layout-grid-align: none; text-autospace: none;\"\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt; mso-bidi-font-family: SohoStd; mso-font-kerning: 0pt;\"\u003eA militancia comunista de Aurora e Germinal, quen se afiliara ao PCE ao inicio da Guerra Civil, así como as fondas conviccións antifranquistas da familia, foron decisivas nas inquedanzas políticas e no compromiso da moza Palmyre, militante das Xuventudes Comunistas de España. En resposta aos principios da denominada «política de reconciliación nacional», deseñada polo PCE en 1956, Palmyre decidiu comprometerse e ir vivir soa a España, baixo un réxime ditatorial, con vinte e un anos de idade, en outubro de 1963.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoNormal\" style=\"margin-bottom: 0cm; text-align: justify; line-height: normal; mso-layout-grid-align: none; text-autospace: none;\"\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt; mso-bidi-font-family: SohoStd; mso-font-kerning: 0pt;\"\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoNormal\" style=\"margin-bottom: 0cm; text-align: justify; line-height: normal; mso-layout-grid-align: none; text-autospace: none;\"\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt; mso-bidi-font-family: SohoStd; mso-font-kerning: 0pt;\"\u003ePara acadar este seu obxectivo, seguiu os cursos para profesores da Alianza Francesa, sendo destinada a delegación viguesa de esta institución. O Vigo ao que chegou Palmyre era unha cidade en plena mutación, na que os tranvías se substituían por autobuses, na que as elites construían xordo ao seu lugar, un lugar irredento encarnado e transmitido nas mulleres e nos homes que fixeron e fan da ría un espazo posible para a vida\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"Default\"\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt; font-family: 'Aptos',sans-serif; mso-ascii-theme-font: minor-latin; mso-hansi-theme-font: minor-latin;\"\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoNormal\" style=\"margin-bottom: 0cm; text-align: justify; line-height: normal; mso-layout-grid-align: none; text-autospace: none;\"\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt;\"\u003ePalmyre Ros residiu durante tres anos en Vigo, de 1963 a 1966. Nese tempo, naceron as amizades e tecéronse as redes clandestinas. \u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"font-size: 10.0pt; mso-bidi-font-family: SohoStd; mso-font-kerning: 0pt;\"\u003e\u003cspan style=\"mso-spacerun: yes;\"\u003e \u003c\/span\u003eChegou un momento en que se impuxo a necesidade de editar en Vigo unha publicación, por suposto clandestina, destinada ás mulleres, da que se encargaría Palmyre xunto a outras compañeiras de loita, coñecidas neses anos de contactos coa xuventude viguesa. Esta publicación, concibida con moita ilusión, levou o nome de \u003ci\u003eAlborada\u003c\/i\u003e, e tomou a forma dun periódico do que se editaron dous números ata a detención dos seus membros\u003c\/span\u003e\u003cspan style=\"font-size: 9.5pt; mso-bidi-font-family: SohoStd; mso-font-kerning: 0pt;\"\u003e.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Andavira Editora","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":55206180159831,"sku":"9788493992187","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1016\/0619\/5543\/files\/Palmyra.jpg?v=1790771605","url":"https:\/\/andavira.com\/gl\/products\/palmyre-rose-e-a-revista-alborada-vigo-1966","provider":"Andavira Editora","version":"1.0","type":"link"}