{"product_id":"represion-e-depuracion-no-maxisterio-na-provincia-1936-1942-de-pontvedra","title":"REPRESIÓN E DEPURACIÓN NO MAXISTERIO NA PROVINCIA (1936-1942) DE PONTEVEDRA.","description":"\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003eNeste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socioeducativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003eA moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003eOs obxectivos deste traballo son:\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003e•\u003cspan\u003e    \u003c\/span\u003eAnalizar as características de dous sistemas educativos enfrontados\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003ee antagónicos: a escola republicana fronte á escola franquista.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003e•\u003cspan\u003e    \u003c\/span\u003eProfundar nos aspectos de política escolar, reformas e innovacións\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003eno período republicano, que axudan a describir, comprender e explicar o posterior proceso de depuración e represión do maxisterio.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003e•\u003cspan\u003e    \u003c\/span\u003eDescribir os procesos de depuración e represión mediante a análise\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003ecuantitativa e cualitativa de todos os implicados. Pola Comisión Provincial de Depuración pasaron arredor de mil oitocentos profesionais do ensino primario da provincia de Pontevedra.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003e•\u003cspan\u003e    \u003c\/span\u003eDescifrar as distintas fases da depuración do maxisterio, que ás\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003eveces tenden a confundirse.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003e•\u003cspan\u003e    \u003c\/span\u003eConstatar as diferentes sancións impostas, que figuran de xeito moi\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003epormenorizado, tanto no corpo do traballo como no anexo final, seguindo unha orde alfabética.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003e•\u003cspan\u003e    \u003c\/span\u003eElaborar a nómina de todos os mestres e mestras da provincia de\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003ePontevedra sometidos ao proceso de depuración. Unha cuarta parte, aproximadamente, dos que pasaron pola depuración foron sancionados.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003e•\u003cspan\u003e    \u003c\/span\u003eRecoller noticia dos mestres que foron mortos (paseados, fusilados,\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003eetc.), e que roldan a trintena.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp class=\"MsoPlainText\"\u003eA nosa intención é contribuír á recuperación da memoria histórica do maxisterio pontevedrés nos anos da guerra e posguerra. Os afectados non foron só os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos, as relacións máis ou menos extensas. Cabe dar nome e lugar na Historia a todos eles e elas, non sempre aos mesmos, como se tende a facer a miúdo por diferentes motivos. Compartimos neste libro a premisa de Ortega: “O pasado non nos dirá o que debemos facer, senón o que deberiamos evitar”.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Ángel Serafín Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":53599963414871,"sku":"represion-e-depuracion-no-maxist","price":21.15,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/1016\/0619\/5543\/files\/990.jpg?v=1779210914","url":"https:\/\/andavira.com\/gl\/products\/represion-e-depuracion-no-maxisterio-na-provincia-1936-1942-de-pontvedra","provider":"Andavira Editora","version":"1.0","type":"link"}