Acordo entre a Fundación 10 de marzo e Andavira
Mi tienda AdminCompartir
A Fundación 10 de Marzo e Andavira Editora unen forzas para desenvolver e difundir a súa produción editorial.
Este acordo baséase en que Andavira Editora xestione a comercialización da colección editorial da Fundación a través das súas redes de distribución e o seu sitio web. Neste último, abrirase un espazo dedicado á Fundación 10 de Marzo, dentro da sección de Memoria Histórica.
Para optimizar a xestión editorial, implementarase un sistema de publicación baixo demanda utilizando novas tecnoloxías de impresión dixital, o que permitirá repoñer títulos esgotados e reducir o inventario con maior axilidade. Como novidade, incorporarase o formato de libro electrónico para aqueles títulos de especial interese.
Ademais deste traballo editorial, realizaranse diversos eventos de presentación para difundir estas publicacións, coa presenza dos autores e protagonistas.
Ambas as entidades comparten o obxectivo de destacar e difundir o importante papel desempeñado polas mulleres e os homes de CC.OO, xunto con outras persoas pertencentes ás diferentes forzas da esquerda, na loita pola consecución das liberdades políticas e sindicais, conquistadas tras a ditadura franquista. Esta é a nosa contribución á restauración da Memoria Histórica e Democrática neste país, en tempos en que está a ser cuestionada e falsificada