Servizos Editoriais
Maquetación e deseño editorial
O noso equipo de deseñadores conta cunha ampla experiencia na maquetación de todo tipo de libros facilitando a súa lectura e ofrecendo unha imaxe profesional.
Coidamos o deseño de portadas. Para nós unha portada atractiva e profesional non só reforza a calidade do contido, senón que ademais aumenta a visibilidade do libro e favorece a súa difusión.
Revisión de estilo e ortotipográfica
Os nosos editores encárganse de revisar o estilo dos textos achegados, puíndo todos aqueles aspectos mellorables na redacción para dar un resultado final dunha edición profesional e coidada.
Xeración de libro electrónico
A pesar da nosa aposta inequívoca polo papel, hoxe non pode entenderse a edición sen a versión en libro electrónico. Este formato permite unha mellor distribución e comercialización especialmente noutros continentes, para o que contamos con colaboradores especializados.
Xestión de produción gráfica
Baseándonos na nosa experiencia e rede de colaboradores os mellores especialistas,