Quen Somos
Andavira Editora, a pesar de ter unha dilatada historia de máis de 40 anos, inicia hoxe unha nova etapa tras o peche do seu socio fundador, cunha nova propiedade. Este cambio non pode ignorar a súa etapa anterior, cun legado de máis de trescentos títulos publicados de libro técnico e universitario, contribuíndo á difusión do coñecemento científico xerado nas universidades, especialmente nas galegas.
Os tempos, os usos e as necesidades do mundo universitario cambiaron radicalmente desde o ano 1984 cando se fundou, sendo naquel momento un referente na procura de novas fórmulas que posibilitaron a moitos autores noveis e profesores publicar os seus traballos apoiándose nas novas posibilidades tecnolóxicas que nos acompañaron durante todos eses anos.
Hoxe, do mesmo xeito que entón, a nosa razón de ser é contribuír á difusión do coñecemento científico, á vez de facilitar a publicación de traballos de autor. Para iso utilizaremos, como o fixemos outrora, todo o noso saber facer no mundo gráfico e de edición, incorporando os medios innovadores co fin de facerlles chegar ao maior número de persoas os libros dos nosos autores.