Aviso legal

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:

Que o dominio www.andavira.com a partir de agora sitio web está rexistrado a nome de ANDAVIRA EDITORA SLU. con domicilio social na rúa Atalaia 66  15970 – Porto do Son  (A CORUÑA); sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, Tomo 38 SECCIÓN XERAL FOLIO Nº SC 5035 INSCRICIÓN 4º -provista de CIF  CIF B15068794

A súa dirección de contacto é a dirección de correo electrónico info@andavira.com

CONDICIÓNS DE USO

I.- Usuarios/as;

O acceso a e/ou uso do sitio web de www.torculo.com, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reservas algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

II.- Uso do sitio Web, os seus servizos e contidos;

O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido, o uso do Web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio Web.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do O TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio Web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/das usuarios/as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo ningún ao sitio web.

III.- Modificación unilateral;

O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio Web.

IV.- Hiperligazóns;

O establecemento de calquera “hiperligazón” entre unha páxina web e o sitio web de estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
  • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR
  • Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos á disposición do público na páxina web dende a que se realice a “hiperligazón” nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.
  1. Exclusión de Garantías e responsabilidade;

O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran traer causa de:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez do Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/das usuarios/as, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio Web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos á disposición dos/das usuarios/as no sitio Web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do sitio Web.
  1. Duración;

A duración da prestación do servizo do sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para, interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo do Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

VII. Lexislación aplicable e Xurisdición;

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.
ANDAVIRA EDITORA SLU e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo do Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

No suposto de que o Usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, ANDAVIRA EDITORA SLU. e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de SANTIAGO DE COMPOSTELA.