Teoría de números de Hilbert
Mi tienda AdminCompartir
Autor: Carlos Gómez Bermúdez sendo profesor da Universidade da Coruña, publicou a obra comentada de G. Cantor, ademais da de B. Riemann e formou parte do grupo francés «réseau Cantor”, encargado da tradución ao francés da obra de Cantor.
David Hilbert foi un dos matemáticos máis importantes do século XX e un dos últimos en realizar achegas significativas a ramas moi diversas da matemática: teoría de invariantes, teoría de números, fundamentos de xeometría, análise, lóxica e fundamentos da matemática, física…
O que aquí se presenta son o seu célebre informe sobre o estado da teoría de números (Zahlbericht), xunto con outros traballos seus sobre teoría de números. Como sinala P. Roquette, «o informe foi e continúa sendo útil como manual de estudo para moitas xeracións de matemáticos. Pero… os resultados verdadeiramente novos de Hilbert só veñen despois; crecen no terreo que achandou o informe, e continúan (como di Hasse) “desde alí ata alturas inesperadas”».