Andavira Editora
ALBORADA
ALBORADA
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
A importancia fundacional da Alborada viguesa de 1966 resulta historicamente excepcional, posto que se trata, case con toda probabilidade, da primeira publicación clandestina de mulleres feita en Galicia baixo a ditadura franquista. Máis aló disto, os dous números que puideron ver a luz antes da caída da súa rede clandestina reveláronse dunha calidade e unha modernidade extraordinarias.
Por todo o antes dito, a Fundación 10 de Marzo, en continuidade co seu labor editorial de 2020, decidiu realizar a presente edición facsimilar canónica de Alborada, en conmemoración do seu 60 aniversario. Débese honrar e difundir o seu traballo pioneiro para poder tecer novas redes solidarias que recuperen esta filiación feminina, raíz de feminismos, xurdida do encontro irredento de persoas libres, comprometidas e antifranquistas no Vigo de 1966 porque, como escribiu a resistente antifascista Lucie Aubrac nunha cita moi querida por Palmyre Ros, « O verbo resistir sempre debe conxugarse en presente».
