Rubén Castro Redondo
Cartografía dixital de Galicia en 1753. Xurisdicións, Provincias e Reino.
Cartografía dixital de Galicia en 1753. Xurisdicións, Provincias e Reino.
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
Rubén Castro Redondo ofrécenos unha obra que dista de ser un simple instrumento de traballo: é unha culminación dun obxectivo que se puido acadar en boa medida grazas ás novas tecnoloxías. Por primeira vez en Galicia, quen precise empregar a cartografía histórica de mediados do século XVIII pode comprobar a súa enorme utilidade, aínda que non serán totalmente conscientes do esforzo que en tempo, paciencia e meticulosidade -elementos necesarios do rigor científico- puidese agochar a primeira vista. Xunto cos avances tecnolóxicos dos últimos anos, quizais a complexidade inherente a un proxecto coma o que agora presentamos explique dalgunha maneira o atraso dun traballo que debería ter estado xa hai tempo á disposición de calquera persoa, investigadora ou non, con interese na administración territorial histórica do Reino de Galicia.
