A. Bonilla Rodríguez, R. Fábregas Valcarce
Círculo de enganos: Escavación do cromelec da Mourela (As Pontes de García Rodríguez)
Círculo de enganos: Escavación do cromelec da Mourela (As Pontes de García Rodríguez)
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
Desde finais do s. XIX o conxunto da Mourela (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña) cos seus dous círculos líticos configurouse como un dos elementos máis emblemáticos do fenómeno megalítico de Galicia. Non obstante, a destrución dos recintos pétreos, pouco despois de seren dados a coñecer por F. Maciñeira, fixo que durante un século estas construcións caesen nun esquecemento case total.
A comezos do s. XXI a ameaza que supoñía o trazado dunha autovía fixo que o Círculo Grande saíse do seu sono centenario, propiciando a súa escavación integral e unha investigación minuciosa e interdisciplinar, que deu como resultado un xiro completo á súa secular adscrición megalítica.
