Santiago Llovo Taboada
Contra o mar e o vento
Contra o mar e o vento
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
As palabras que conforman o título deste libro constitúen parte do inciso final que se incluía no antigo tipo de documento público chamado "protesta de mar". Con este documento os capitáns das embarcacións de cabotaxe declaraban formalmente o sucedido en caso de incidente na navegación "...protesto unha, dúas, tres e as máis veces necesarias contra o mar e o vento, para que non lle sexan pedidos xamais os prexuízos que poidan seguirte por causa allea á súa vontade e antes pola contra, se entendan contra quen haxa lugar...". Este tipo de documentos son a base fundamental do libro que ten nas súas mans. Son historias certas que nos retrotraen a un universo pasado no que a vida non valía nada, estaba en mans do azar, a codicia dos homes ou o
