Ir directamente á información do produto
1 de 1

Fernando Alonso Romero

Cultos e Crenzas en torno aos megálitos da área atlántica europea

Cultos e Crenzas en torno aos megálitos da área atlántica europea

Prezo habitual €15,00 EUR
Prezo habitual Prezo de oferta €15,00 EUR
Oferta Esgotado
Impostos incluídos.
Cantidade

En relación con este tema é significativo descubrir que tras a análise de máis de oitenta inscricións tartésicas do período 750-450 a.C. se puido comprobar que o seu vocabulario pertence a unha antiga lingua céltica. Son os primeiros testemuños desa lingua que aparecen en Europa. Toda a zona ao oeste do río Anas (Guadiana) estivo habitada por pobos celtas xa na Idade de Bronce; o cal significa que hai que atrasar tamén a chegada dos celtas a Inglaterra e a Irlanda (Koch, J.T. 2009). A primeira noticia que coñecemos sobre os celtas do Suroeste da Península Ibérica debémoslla a Heródoto, que en torno ao ano 430 a.C. di que os celtas viven máis alá das Columnas de Hércules, próximos aos cinesios. E é precisamente nese mundo do Occidente Europeo onde se estableceron os construtores de monumentos megalíticos, en torno aos cales naceron infinidade de lendas e de crenzas tradicionais, moitas das cales chegaron ata os nosos días como poderá ver neste libro.

ÍNDICE:

Introdución.
As orixes.
Os megalitos e o seu significado.
A finalidade dos menhires segundo o folclore.
As pedras ambulantes.
O concepto do tempo no folclore dos megalitos.
Os seres imaxinarios e os megalitos.
Os tesouros dos megalitos.
As pedras fecundantes e curativas.
As propiedades xenesíacas da auga dos megalitos.
Os menhires da chuvia en Galicia.
Os cultos hídricos en Galicia e noutras comunidades europeas.
As pedras"; resonantes.
As pedras do Promontorio Sacro.
O paso do rito de virar as pedras ao virar as tellas.
As pedras das encrucilladas.

Ver todos os detalles