Antonio-Carlos Pereira Menaut
Dereito Constitucional Español
Dereito Constitucional Español
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
O presente libro, que sae á luz en plena efervescencia do debate constitucional e estatutario, intenta axudar ao lector a ver a Constitución tanto na literalidade do seu texto de 1978 como na práctica, ás veces tan diferente, da súa vida real nos nosos días.
Intenta tamén ter sempre presente o moderno enfoque do constitucionalismo multinivel, pois a nosa Constitución fai a súa vida dentro do gran paraugas da Constitución material europea, pero ao mesmo tempo contén no seu seo as cartas case-constitucionais das súas nacionalidades e rexións. Visto en conxunto e cunha mirada realista, todo iso compón un panorama moderno e posmoderno á vez, o cal non debe sorprendernos porque a Constitución naceu como un produto da modernidade que co paso do tempo e o cambio das circunstancias viuse na necesidade de navegar nas augas da nosa Europa pos-estatal e posmoderna.
