Ir directamente á información do produto
1 de 1

Ana Pérez Varela

O prateiro compostelán

O prateiro compostelán

Prezo habitual €24,04 EUR
Prezo habitual Prezo de oferta €24,04 EUR
Oferta Esgotado
Impostos incluídos.
Cantidade

Conduce a mirada dos estudosos cara a fontes pouco habituais na procura, como as fontes hemerográficas, a documentación municipal, fiscal, industrial e comercial, ademais da consabida e sempre útil de carácter eclesiástico ou notarial, e, por suposto, na necesidade de estender o traballo de campo cara ás coleccións privadas, o ámbito comercial do anticuario e casas de poxas.

A autora non perdeu nunca de vista que debía encadrar o prateiro no seu tempo de acordo cos métodos de investigación máis actuais e valiosos. Por iso afonda no contexto da Segunda inventio, institucións como a Sociedade Económica de Amigos do País, exposicións rexionais, reactivación do sentimento do medieval, tendencias eclécticas e á vez modernismo como tendencias artísticas que configuran a paisaxe cultural en que se moveu Martínez Costoya.

Ver todos os detalles