J. Ramón Soraluce Blond
Historia da Arte para incrédulos.
Historia da Arte para incrédulos.
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
Máis alá do reiterado na Historia da Arte, atopamos o descoñecido, o controvertido, o inaudito, o sorprendente e ata o incrible. As descricións ou as narracións non postas en cuestión asúmense sen contestación, ata que temos unha vaga sospeita ou algunha dúbida que nos faga ser cautos e contrastar con diversas fontes o discutible, buscando explicacións a situacións que nos pareceron sospeitosas nalgún momento, ou simplemente non nos convenceron plenamente. Entón ocórresenos reescribir a Historia da Arte, buscando na letra pequena, razóns, argumentos ou xustificacións que non coinciden coa visión convencional dos acontecementos artísticos ou, simplemente, que non foron valoradas na súa xusta medida.
