José Manuel Touriñán López, Rafael Sáez Alonso
A mirada pedagóxica. Teoría da educación, metodoloxía e focalizacións.
A mirada pedagóxica. Teoría da educación, metodoloxía e focalizacións.
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
Coñecer, ensinar e educar non son o mesmo e, desde a complexidade do obxecto "educación", a significación do coñecemento da educación postúlase como a condición de referencia na investigación pedagóxica: se aquel non resolve problemas da acción educativa concreta, se o que obtemos non serve para educar, non é coñecemento pedagóxico válido.
Toda disciplina con autonomía funcional focaliza a realidade que estuda e xera unha mentalidade específica que debe facerse patente na mirada especializada cara ao seu obxecto de estudo e intervención. A mirada mostra que tipo de problemas conforman o traballo disciplinar, cal é a súa linguaxe específica e os seus modos de proba. Así ocorre en cada ciencia, salvando as diferenzas entre elas, porque cada unha ten a súa mirada específica e aplícana cada vez que actúan. Hai que construír a mirada pedagóxica respectando o carácter e sentido inherentes ao significado de educación. Afrontar ese reto desde a disciplina Pedagoxía esixe interrogarse acerca do papel da teoría da educación, a metodoloxía e as focalizacións que se fan desde as mentalidades pedagóxicas.
