Grupo SI(e)TE. EDUCACIÓN
A pedagoxía, hoxe
A pedagoxía, hoxe
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
A pedagoxía, hoxe non é, nin moito menos, unha posta ao día, senón un albiscar o que hoxe necesita a Pedagoxía para crear conciencia da súa función respecto da formación de axentes -actores e autores- protagonistas, dende a educación, dos cambios e acontecementos que acontecen na nosa sociedade, globalizada, multicultural e tecnolóxica. Queremos cambiar a Pedagoxía por medio dos seus contidos e mellorala.
Alumnos, profesores e especialistas de ciencias sociais atoparán argumentación, con memoria histórica e coñecemento contrastado, respecto de cuestións que afectan á Pedagoxía como disciplina e á Pedagoxía como carreira. A carreira e a disciplina de Pedagoxía; como chegaron a ser en Europa e en España e cales son as súas circunstancias actuais, en perspectiva internacional; o coñecemento do home e a construción do eu-identidade, sen os cales a educación non é; a encrucillada científica da Pedagoxía, a súa imaxe social, a formación de pedagogo e a profesión de pedagogo, son os piares dende os que, sen lugar a dúbidas, se constrúe o contido de A Pedagoxía, hoxe.
