Ir directamente á información do produto
1 de 1

Fernando Alonso Romero

A serpe mítica

A serpe mítica

Prezo habitual €15,96 EUR
Prezo habitual Prezo de oferta €15,96 EUR
Oferta Esgotado
Impostos incluídos.
Cantidade

Dous poderes distintos pero unificados nunha divindade ambivalente: a figura dunha serpe-dragón cósmica, impulsora da vida na terra pola que camiña o ser humano nun proceso continuo de morte e de retorno á vida provocado pola serpe cósmica, cuxos movementos sinuosos determinan o curso do Sol e da Lúa mentres se desprazan polo espazo do Ceo e do Inframundo.

Este libro finaliza cun Apéndice no que Antón Bouzas Sierra ofrece unha análise astronómica do desprazamento celeste do Sol e da Lúa nos tempos nos que os antigos habitantes de Galicia xa presentan atención aos Lunasticios e aos puntos do horizonte sobre os que vían producirse os ortos e os ocasos deses dous astros. Moitos lugares e as datas nas que se realizaba esa observación astronómica foron cristianizados coa construción dunha igrexa e a súa dedicación a unha divindade cristiá.

Ver todos os detalles