Carmen Noguerol Porca, Rocío Rodríguez Rodríguez
Manual Práctico de Modelaxe Industrial I, 2ª Ed.
Manual Práctico de Modelaxe Industrial I, 2ª Ed.
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
Este manual de patronaxe é o resultado dun traballo de investigación, que pretende ser unha achega didáctica ao sector téxtil e ofrecer unha resposta ás necesidades dos profesionais deste ramo. A través dunha estrutura esquemática e sinxela, as autoras quixeron que este libro sexa unha guía práctica para a realización dos patróns, tanto para as persoas introducidas na materia como para aqueles que desexen iniciarse nela. En cada patrón márcanse, paso a paso, as instrucións a seguir, de forma que o usuario sexa capaz de realizar calquera peza de vestir. Tamén se inclúen neste manual as medidas estándar de cada talle, coa fin de que se poida seguir con máis detalle o desenvolvemento de cada patrón.
