José Manuel García Iglesias
Minerva: a deusa de Compostela
Minerva: a deusa de Compostela
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
Santiago de Compostela, apostólica por aquel que leva o nome do maior dos Santiagos, nace sobre un territorio no que, previamente, tanto a cultura castrexa como a romana tiveron, igualmente, cabida. Pois ben, con esa chegada do romano ata este lugar houbo de ter presenza aquí, dalgún modo, a figura de Minerva, patroa da mesma Roma, feita a imaxe de Atenea, a deusa da capital helénica.
O descubrimento dunha tumba, que se vinculou a Santiago o Maior, alá polo século IX, iniciaría unha nova etapa na memoria daquel apóstolo, coa peregrinación, ata aquí, de medio mundo, ía facer que xa a Compostela de Xelmírez houbese de entenderse, coa súa igrexa catedral como imprescindible referencia, como un auténtico centro de cultura.
