José Manuel Touriñán López
Pedagoxía mesoaxiolóxica e concepto de educación (2ª edición)
Pedagoxía mesoaxiolóxica e concepto de educación (2ª edición)
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
O resto da Pedagoxía é transformar a información en coñecemento e o coñecemento en educación. Estamos obrigados a definir os trazos que determinan e cualifican o significado de educación fronte a calquera outra forma de interacción. E temos que lograr avanzar desde o coñecemento á acción, porque non basta con coñecer para actuar.
O obxectivo da Pedagoxía é crear coñecemento da educación en cada ámbito, establecendo unha relación entre valor-elección-obrigación-decisión-sentimento-pensamento-creacións, de maneira que se desenvolvan mediante a elección educativa concreta hábitos operativos, volitivos, proxectivos, afectivos, intelectuais e creativos, en cada persoa. A Pedagoxía, tomando como base o carácter e sentido da educación, diferencia entre coñecer, ensinar e educar, xera coñecemento da educación e establece principios de educación e de intervención pedagóxica para o control da acción en cada ámbito de educación construído. A pedagoxía é mesoxiolóxica por definición; á pedagoxía correspóndelle valorar cada área cultural como educación e construíla como "ámbito de educación". En definitiva, educamos coa área cultural, porque a convertemos en ámbito de educación e executamos unha acción controlada e sistematizada coa mirada pedagóxica, que nos proporciona a visión crítica do noso método e dos nosos actos.
