Ana González Neira
Prensa do Exilio Republicano (1936-1977)
Prensa do Exilio Republicano (1936-1977)
Non se puido cargar a dispoñibilidade de retirada
Compartir
A diáspora da Guerra Civil provocou o nacemento de centenares de cabeceiras republicanas nos países de acollida dos exiliados españois. Estas publicacións axudáronlles a configurar un espazo onde a súa causa transcendía os territorios físicos e a conformar un imaxinario que traspasaba fronteiras e no cal situaban o seu ideal e particular concepto do estado español. Grazas á construción dese territorio mental e comunicativo, a súa pertenza a un pobo non flotou no absoluto baleiro e asentouse nese ámbito relacional que tamén erixiron con e na prensa. A través dos seus medios de comunicación compartiron a súa condición de refuxiados a pesar das distancias que os separaban, á vez que continuaron loitando contra o franquismo. Este libro intérnase e visibiliza os boletíns, diarios e revistas dos desterrados republicanos que actuaron de plataforma da súa actividade política, cultural e científica desde 1936 ata 1977. Fai fincapé nas dificultades que deberon superar, en saber quen eran os seus redactores e editores, en tratar de coñecer a procedencia do seu financiamento, de indicar os obstáculos para a súa distribución e de sinalar como na súa prensa se reflectiron as discrepancias entre as distintas ideoloxías así como os desexos destes emigrados políticos de regresar a unha España democrática.
