Ir directamente á información do produto
1 de 1

Manuel Isorna Folgar

Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH)

Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH)

Prezo habitual €23,65 EUR
Prezo habitual Prezo de oferta €23,65 EUR
Oferta Esgotado
Impostos incluídos.
Cantidade

Non debemos esquecer que unha falta de acceso ao diagnóstico e ao correspondente apoio psicoeducativo desemboca frecuentemente nun empeoramento do trastorno e unha deterioración da calidade de vida. Iso pode afectar a relación con outras persoas, o rendemento escolar e o rendemento profesional. O compoñente "socioemocional" do trastorno é o aspecto máis debilitante para moitos nenos, adolescentes e adultos, e pode ter un impacto negativo na autoestima e levalos a problemas de abandono prematuro da escolarización, a outros trastornos como o consumo indebido de drogas ou a problemas de conduta.

Tamén inclúe dous capítulos moi extensos sobre orientacións psicoeducativas específicas para os pais/nais e persoal docente para axudarlles a mellorar a convivencia familiar e aumentar o rendemento escolar, de tal modo que lles permitan construír e desenvolver a estes nenos/as unhas competencias e habilidades sólidas para afrontar a súa vida adulta con autonomía e responsabilidade.

Ver todos os detalles